Os veciños dos Duráns, fartos das pelexas e ‘trapicheos’ en dúas casas ‘okupa’

VILAGARCÍA> Complicada situación a que están a vivir os veciños da rúa Os Duráns, en pleno centro de Vilagarcía. Hai case un ano que conviven con dúas casas okupadas no barrio. Denuncian continuas pelexas, venda de drogas a pequena escala e incluso roubos. Reclaman unha solución urxente a unha situación que xa é insostible.

Pelexas, trapicheo de drogas, prostitución e roubos. Esta é a realidade coa que conviven dende hai pouco menos dun ano os veciños da rúa Os Duráns, en Vilagarcía. Todo comezou coa chegada de okupas a dúas vivendas do barrio.

As vivendas atópanse a ambos lados da rúa, e os enfrontamentos entre os seus ocupantes suceden con frecuencia. O último foi o pasado 26 de abril, cando tivo que acoder a Policía Nacional.

Neste edificio están okupados o primeiro e o terceiro. No baixo viven unha parella de anciáns, e o segundo resiste baleiro, pero hai pouco que intentaron acceder a el a través dunha ventá polo patio de luces. Os veciños están xa cansos desta situación. Tamén os negocios. De feito, un deles sufriu un roubo e varios intentos.

Todo está denunciado na Policía Local. Os veciños tamén intentaron contactar co concello, pero de momento non tiveron resposta.

Os veciños xa están cansos e desesperados, por iso reclaman unha solución urxente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí