![]()
NOIA> Serán seis días, entre o sábado 21 e o xoves 26 de agosto. Artellouse un completo programa pensando no en todos os que neses días visiten a vila.
O obxectivo é que todos os que se acheguen a vila nestes días teñan diversión asegurada. O deporte, a música, os xogos infantis e as exposicións conforman o groso da programación.
{flowplayer}barbanza/festasnoia.flv{/flowplayer}
O pregón terá lugar o sábado 21 as dez da noite. Nesta edición sera a xornalista Loli Gómez, natural da vila, a encargada de dar a benvida ós festexos.
Deporte na rúa
O primeiro día centrase nas actividades deportivas: Na Alameda instalarase un circuíto de segway, haberá unha exhibición de taekwondo, terá lugar o sétimo campionato de Chave no Campo da Feira e disputarase o carreira pedestre popular. Pecharán a xornada un encontro de Habaneiras e a verbena nocturna.
Miguel Bosé
Nos seguintes días a animación trasladarase as rúas da zona vella: Un concerto de Jaz, animación de rúa e actuacións da banda municial de música e dun grupo de mariachis. Un dos momentos máis esperados a actuación o martes 24 do cantante Miguel Bosé. As entradas aínda se poden mercar na oficina de Turismo a vinte euros. O día do concerto costarán trinta.
Nos seguintes días, os cativos terán inchables na Alameda e un campionato de pesca no Malecón e poderán participar nun campus de fútbol sala e de variadas actividades de deporte na rúa. O xoves 26, derradeiro día, pecharasen os festexos cunha verbena nocturna a cargo da orquestra Paris de Noia e o grupo Fía na Roca, un grandioso espectáculo piromusical e a “Noite de Berros” co monologuista Rober Bodegas.
Redacción Barbanza







