O bipartito afirma que a falta de apoios propiciou a prórroga

    presupostos_vilagarcia_copia100.jpgVILAGARCÍA> Rexeita as acusacións de ilegalidade vertidas por PP e Ivil sobre a súa decisión de prorrogar os presupostos 2009.

    {flowplayer}images/salnes/CONCELLO_VILAGARCIA_ORZAMENTOS.flv{/flowplayer}

    Electoralista e irresponsable. Así calificaron os representantes do goberno vilagarcián a decisión de PP e Ivil de non apoiar a proposta do concello para os orzamentos do próximo ano. O bipartito respondeu ás declaracións da oposición. Os dous grupos acusáronnos de deixadez pola súa decisión de prorrogar os orzamentos deste ano en lugar de presentar os novos.

    Segundo o goberno local, foi precisamente a falta de apoio por parte da oposición o que os empuxou a optar por non presentar o futuro plan no pleno. Tras coñecer a postura de PP e Ivil, consideraron que o debate sería estéril. A alcaldesa, Dolores García, tamén rexeitou calquera situación de ilegalidade na prórroga dos orzamentos.

    O goberno do bipartito vilagarcián lamentou a postura da oposición, que asegurou, vai provocar que algúns proxectos recollidos nos orzamentos non poidan saír adiante. Este é o caso dalgúns investimentos e dos plans en política laboral a nivel interno, que foran aprobados de xeito unánime pola corporación.

    Redacción Salnés