Recollen 10 toneladas de lixo na costa da Illa de Arousa

A ILLA> A Illa de Arousa segue visibilizando o grave problema do lixo no mar. A través do proxecto Planctom, unhas 40 mariscadoras do municipio e o alumnado do IGAFA participaron nunha limpeza de refugallos en areais insulares. Recolleron aparellos, rodas de vehículos, restos de embarcacións e, sobre todo, plásticos. Calculan que retiraron unhas 10 toneladas de lixo. Un problema que afecta ao medio ambiente, pero tamén ao marisco, que se alimenta tamén de microplásticos.

En tan só unha mañá de traballo na Illa de Arousa retiraron 10 toneladas de lixo dun pequeno treito de costa. Un dato que demostra o grave problema que sufren as nosas costas pola presenza de refugallos de todo tipo. No marco do programa Planctom, na recollida desta mañá participaron 80 alumnos e alumnas do IGAFA, Instituto Galego de Formación en Acuicultura,  unhas 40 mariscadoras da Arousa e persoal da confraría.

Entre os refugallos retirados do mar, atopamos de todo un pouco. Moito material derivado da actividade pesqueira, rodas de vehículos e plásticos de todos os tipos e tamaños. Pero o que máis preocupa é o que a simple vista non se ve: os microplásticos que tamén están presente no organismo do marisco da zona, ao comelo por accidente.

Ela, xunto coas súas compañeiras, participaron esta mañá na retirda de lixo dun xeito moi activo.

Esta recollida de lixo forma parte do proxecto Planctom que impulsa Afundación.

Un programa que, ademais, busca visibilizar e concienciar sobre esta problemática, coa implicación de diferentes actores sociais.

Logo da xornada desta mañá para o mes de marzo está prevista unha limpeza de fondos mariños na contorna do illote Areoso.