Os expertos advirten da importancia de examinar ben as vides antes de aplicar tratamentos

RÍAS BAIXAS> A brotación nas vides de Rías Baixas avanza a bo ritmo. As condicións meteorolóxicas das últimos días favoreceron que algunhas parcelas acaden xa os 50 centímetros. Polo de agora, a súa evolución é moi boa.

Os viticultores teñen agora a vista posta no ceo, xa que o tempo é clave no desenvolvemento da vide. Miran de reollo as chuvias que se agardan dende este venres.

Con todo, recomenda non abusar dos tratamentos. Explica que é mellor facer un seguimento do viñedo antes de tomar ningunha decisión.

Atendendo ao crecemento vexetativo, nestes momentos estanse a aplicar produtos sistémicos para combate-lo mildio e tamén xofre mollable contra os ácaros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí