![]()
VILAGARCÍA>O rapaz de 21 anos e veciño de O Grove foi presuntamente agredido por un grupo de mozos nas inmediacións da praia da Concha, en Vilagarcía.
{flowplayer}images/salnes/PELEXA_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
A outra cara da Festa da Auga de Vilagarcía a puidemos ver a pasada madrugada do luns cando un mozo de 21 anos e veciño de O Grove tivo que ser trasladado ó Hospital do Salnés cun severo traumatismo na cabeza. Ó parecer foi presuntamente agredido por un grupo de rapaces que estaban golpeando un portalón. O mozo chamoulles a atención e estes golpeáronno brutalmente. O incidente tivo lugar no Pinar situado ó carón da praia Compostela.
Cada sábado docenas de mozos acoden ás inmediacións da praia da Concha en Vilagarcía para facer botellón. A noite previa á celebración da Festa da Auga o número de persoas multiplicouse polo que se incrementaron as asistencias ó longo da noite. A pesares diso,o encargado do Pub Villaurora, situado ó carón da praia, asegura que non é habitual que haxa pelexas na zona así como os propios usuarios do botellón.
Pola contra, estes mozos recoñecen que coa celebración da Festa da Auga as pelexas soen ser máis habituais.
Polo momento, o grovense segue en observación no Hospital Xeral Cíes de Vigo.
Redacción Salnés









