MEIS> No concello de Meis, a situación actual e a climatoloxía obrigaron a cancelar a cabalgata dos reis. Aínda así, os máis pequenos puideron gozar da visita das súas maxestades á vila. Os reis magos recibiron aos nenos e nenas no mercado e os agasallaron con bonecos.
Os reis magos chegaron ás rías baixas pero a súa visita en tódolos concellos están sendo moi atípica. A situación actual obrigou aos goberno locais a tomar medidas para velar pola seguridade sanitaria. Aínda que en Meis iso non impediu que os máis pequenos puidesen ver aos reis magos e compartir con eles un momento.
Numerosos nenos e nenas achegáronse ao mercado de Meis para recibir o seu agasallo.
Os máis pequenos tamén mostraron a súa ilusión de por poder ver aos reis.
E aproveitaron a visita para pedir aos reis magos os seus agasallos para esta noite.