![]()
BOIRO> O deputado nacionalista Bieito Lobeira tamén alerta dos posibles perigos que a cinza pode provocar nos bancos marisqueiros da ría de Arousa e nos acuíferos de toda a zona afectada.
{flowplayer}barbanza/bieitoincendio.flv{/flowplayer}
Para evitar que se produzan episodios coma os vividos no verán de 2006, cando a chegada das chuvias despois da vaga de incendios que asolou á comarca do Barbanza, provocou o arrastre das cinzas ós areais, coa conseguinte mortandade de marisco nas praias, o deputado do BNG, Bieto Lobeira vén de presentar unha iniciativa parlamentaria solicitandolle á Xunta a adopción de medidas extraordinarias urxentes para a recuperación do monte queimado en Boiro, evitando que os refugallos do lume vaian a parar ó río Coroño e posteriormente á ría de Arousa, xa que segundo el esta circunstancia afectará gravemente á auga empregada para o consumo, así como tamén ós bascos marisqueiros e pesqueiros da zona.
Investigación
Ademais Bieito Lobeira sinala que a gravidade deste incendio forestal fai necesario a posta en marcha dunha investigación por parte da Administración Autonómica que aclare as causas do sinistro e se investigue a posible autoría do mesmo.
Redacción Barbanza










