Noia prepara un San Marcos cargado de actividades para tódolos públicos

NOIA> O programa das Festas de San Marcos vén cargado de actividades para tódolos públicos. O día grande será o 25 coa Feira Cabalar e de Maquinaria. O resto das xornadas, a música e a tradición encherán a vila noiesa.

O venres 21 de abril arrancarán en Noia as festas na honra de San Marcos. Dúas disco móbiles e o musical en homenaxe a Os Tamara darán a saída a uns festexos que contarán con numerosas actividades ó longo de 7 días. O sábado a música volverá ser a protagonista con dous concertos entre as nove e media e s 2 da mañá.

O domingo terá lugar unha gran foliada con 350 gaiterios dunha quincena de grupos e o broche final a cargo de Leilía.  O luns, festivo local, tocaralle a quenda ó rock local cos grupos Embrio e Cherokee´s  e a actuación estelar da París de Noia.

O martes, día grande de San Marcos, máis dun cento de cabalos participirán nos distintos concursos da feira cabalar que se celebrará en San lázaron xunto coa exposición de maquinaria agrícola.

Pero os festexos non rematarán aquí posto que a seguinte fin de semana, coincidindo coa ponte do 1 de maio, terán lugar na praza do Tapal varios concertos. O venres será o de Cadena Dial con varios artistas de primeiro nivel  e o sábado tocarán Momboi, The Rapants e Clarence Bekker.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí