Os alumnos do Salustiano quedan sen titora

    POBRA> Os alumnos de Cuarto de primaria do Salustiano Rey Eiras da Pobra quedarán finalmente sen ver cuberta a praza da súa titora, xubilada no mes de setembro. Aínda así, a ANPA dáse por satisfeita co acordo ao que chegaron onte coa delegación territorial de Educación: reorganizar horarios de profesores, sen reorganizar aulas.

     

    Esta solución alternativa, foi a formulada onte  pola ANPA do Centro educativo na reunión que mantiveron onte na Coruña co delegado territorial, Indalecio Cabana e o inspector Fermín Álvarez, en a que participou tamén o alcalde pobrense Xosé Lois Piñeiro. Ante o no rotundo por parte da Xunta a cubrir a praza que deixou vacante a titora xubilada, principal petición do centro, e para poder seguir mantendo as 19 aulas que xa estaban formadas desde o comezo do curso, a directiva da ANPA propuxo a reorganización dos horarios dos profesores. Algo que aceptaron desde Educación. Deste xeito repartiranse as horas libres do corpo docente para adaptalas ás circunstancias deste curso. Con esta solución a ANA dáse por satisfeita, e así o comunicou xa pola tarde ao resto de pais e nais do colexio.