PORTO DO SON> O alcalde convocará unha xunta de portavoces para instar ós distintos grupos a cumprir o regulamento e manter a orde nos plenos.
{flowplayer}barbanza/regulamentopleno.flv{/flowplayer}
O executivo sonense viuse obrigado a chamar á orde ós grupos de oposición ante o comportamento dos edís do PP nos últimos plenos, nos que acabaron por ser expulsados ou abandonar a sala voluntariamente.
Estratexia publicitaria
Segundo a tentente de alcalde, Ánxela Franco, esta forma de actuar responde a unha estratexia clara na que o grupo popular pretende asumir o papel de vítima acusando ó goberno de actitude dictatorial. Con este fin, di a edil nacionalista, os concelleiros do PP se dedican a interrumpir e insultar durante as sesión plenarias cando xa teñen argallada a súa saída da sala.
Segundo explicou o alcalde, na xunta de portavoces que se convocará nos próximos días exporase punto por punto o regulamento municipal e trasladarase ós distintos grupos a necesidade de manter un comportamento respectuoso durante os plenos.
A intención do alcalde é non tolerar ningunha falta máis do regulamento para garantir o normal desenvolvemento dos plenos que constitúen o principal expoñente da democracia.
Redacción Barbanza