Os bombeiros excarceran a un mozo apreixado no seu vehículo

    accidente_san_lazaro.jpgPOBRA> O accidente producíase este mediodía na estrada AC-305, no lugar de San Lázaro. O xoven, que presentaba politraumatismos, foi trasladado ó Hospital da Barbanza.

    {flowplayer}barbanza/accidentesanlazaro.flv{/flowplayer}

    As imaxes que están a ver corresponden co momento no que os bombeiros dos parques de Ribeira e Boiro, xunto con persoal sanitario do 061, procedían á excarceración do xoven, con iniciais D.V.T.Z., de trinta anos, que quedou apreixado polo volante e o salpicadeiro do seu vehículo, despois de invadir o carril contrario e colidir frontalmente contra unha vivenda situada na marxe da estrada AC-305 no lugar de San Lázaro. A consecuencia do forte golpe o mozo tivo que ser trasladado nunha ambulancia con politraumatismos ata o Hospital da Barbanza.

    Amplo dispositivo

    Ademais dos bombeiros e a ambulancia do 061, no operativo participaron tamén Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e unha dotación de axentes de Tráfico. A consecuencia do accidente, que se producía ó redor das dúas desta tarde, a estrada AC-305 tivo que ser cortada á circulación durante unha hora, e o tráfico foi desviado tanto pola autovía como por vias secundarias.

    Redacción Barbanza