Malestar pola falta de aparcamento en Caamaño

aceras.jpgPORTO DO SON> As obras de mellora da seguridade vial que se están a acometer na estrada AC-550 ó seu paso pola parroquia de Caamaño.

{flowplayer}barbanza/beirarruasqueiruga.flv{/flowplayer}

As obras, xa iniciadas, enmárcanse no fondo estatal de investimento local promovido polo goberno central. O proxecto contempla a construción de beirarrúas nun treito da estrada ó seu paso polo núcleo da Capela, en Caamaño. Sen embargo, apenas inclúe a dotación de espazos para aparcamento, algo que os veciños botan en falta.

Sen saneamento

A agrupación local de PP tampouco está de acordo coa forma de executar estas obras posto que tan só inclúen recollida de pluviais pero non tubaxes para o saneamento. Deste xeito, cando se proceda á instalación da rede será preciso levantar de novo as beirarrúas.

Pola súa banda, dende a concellería de Obras explicaron que o proxecto si contempla aparcadoiros nos espazos cedidos por algúns veciños. Instan ademais ós edís populares a solicitar ó executivo información sobre os proxectos en lugar de lanzar falsas acusacións.

 Redacción Barbanza