Noia organiza unhas xornadas para enxalzar os produtos da Ría

NOIA> Noia fai súa a campaña da Xunta ‘Galicia sabe aMar’ e celebrará a fin de semana do 29 e 30 deste mes de novembro e o 1 de decembro, unha xornada gastronómica que incluirá degustacións e showcookings a cargo de reputados cociñeiros locais.

A iniciativa levarase a cabo no segundo andar do mercado, e nela colaboran a confraría de pescadores de Noia e a asociación de usuarios da praza de abastos.

Dende o pósito noiés destacaron a importancia deste tipo de iniciativas de cara a promover o consumo dos mariscos da Ría.

A totalidade dos eventos que se leven a cabo eses tres días serán gratuítos, aínda que para o bo desenvolvemento dos mesmos, será preciso reservar praza con anterioridade a través do propio Concello.

A reserva de prazas realizarase xa a partir deste xoves 21 de novembro.