‘Máis que comercio!’ ofrecerá suculentos agasallos

    RIBEIRA> Máis que comercio!, así se chama a nova campaña de dinamización que se poñerá en marcha durante o mes de setembro no Centro Comercial Aberto de Ribeira. Esta iniciativa vén da man da consellería de Economía e Industria, e hoxe presentouna na vila a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez. O obxectivo é impulsar as vendas do pequeno comercio, e ¿como?, pois outorgando uns cupóns por cada 5 euros de compra, que permiten votar en www.maisquecomercio.com cal é o noso establecemento favorito. Con esa acción, os participantes optarán a unha tarxeta de 200 euros e dúas de 100 euros para mercar no CCA. O establecemento gañador recibirá, a final de mes, un recoñecemento público.