Boiro Novo pide flexibilizar o pago do IBI

    BOIRO> Dende a formación consideran que o prazo non debería ser inferior a dous meses, como pretende impoñer o goberno municipal, co fin de que os veciños poidan facer fronte a este imposto de forma menos lesiva. A proposta presentada polo executivo local de adiantar en sete meses o período de cobro en voluntaria do Imposto de Bens Inmobles do ano que vén, pasando a realizarse do 20 de marzo ó 20 de maio, é considerado dende Boiro Novo coma un abuso. Dende a formación entenden que a finalidade non é outra que financiar a falla de liquidez que actualmente ten o concello. Para Boiro Novo esta medida é desproporcionada. Segundo eles traerá graves consecuencias para moitas familias que están a pasar serias dificultades para chegar a fin de mes. Por esta razón solicitarán unha modificación desta proposta para que o prazo non sexa inferior a dous meses e se estableza un período de cobro en voluntaria máis amplo para que os veciños poidan realizar o pago dun xeito máis flexible.