Os alumnos da escola unitaria da Granxa disfrutan dunha aula totalmente renovada

A POBRA> O concello da Pobra acometeu ó longo deste verán unha serie de melloras nas escolas unitarias do municipio. Na da Granxa procedeuse á reforma interior da aula así como a revisión da instalación eléctrica e da fontanería.

Os alumnos da escola unitaria da Granxa comezaron o curso cunha aula totalmente renovada grazas ós traballos de mellora e mantemento acometidos pola brigada municipal durante este verán. Procedeuse ó pintado interior das instalacións e cambio de tarima así como a renovación da instalación eléctrica co cambio de luminarias LED e a revisión de baños, fontanería e canalóns.

Estas non son as únicas actuacións que se levarán a cabo nesta escola posto que está previsto acometer proximamente a substitución da carpintería exterior e do peche perimetral do recinto.

Estas actuacións supuxeron un investimento de 65 mil euros con cargo ó remanente de Tesourería para arranxos en centros educativos do municipio.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí