A asociación cultural ‘Borobó’ nomea presidenta de honra á súa viúva

    borobo.jpgBOIRO> Numeroso público asistiu ó acto de nomeamento de Carlota Paz, viúva de “Borobó” como Presidenta de Honra da asociación que leva o seu nome.

    {flowplayer}barbanza/presidentahonra.flv{/flowplayer}

    Nun emotivo acto procedeuse ó nomeamento de Carlota Paz Barreiro como presidenta de horna da asociación cultural boiresa que leva o nome do seu marido, o escritor e xornalista Raimundo García, coñecido polo seudónimo de “Borobó”.

    A viúva do literato non puido máis que agradecer o cariño con que a tratan no concello de Boiro e púxose a disposición da asociación boiresa. P

    Novos proxectos

    ola súa banda, o presidente da entidade cultural, Jorge Campaña recoñeceu o apoio da familia do xornalista e a administración local dende que comezaron a súa andaina e anunciou que xa traballan na posta en marcha de novos proxectos.

    O acto contou ca presencia de familiares e amigos do escritor e co historiador Juan Guitián, autor do libro “Homenaxe a Borobó”.

    Pola súa banda, o alcalde de Boiro, Xosé Deira salientou a lealdade de Raimundo García coa súa familia, amigos e co concello de Boiro e o seu forte compromiso social.

    O acto rematou cunha actuación musical a cargo do cantante e compositor Manu Clavijo que interpretou varias pezas musicais para violín.

    Redacción Barbanza