Rianxo volverá poñer en marcha o plan de explotación da vieira

RIANXO> A confraría de Rianxo volverá desenvolver este ano o plan de explotación da vieira. Tralos bos resultados da pasada campaña, que se puxo en marcha de modo experimental, o pósito agarda que se sumen novas embarcacións.

A confraría de Rianxo xa remitiu o plan de explotación á Consellería do Mar para poder iniciar canto antes a campaña de vieira.

O pasado ano, o sector puxo en marcha a explotación e comercialización deste recurso que, ata o momento, centralizábase na confraría de Cambados. Os resultados foron moi bos posto que se sumaron numerosas embarcacións de toda a ría.

Como o ano anterior, a confraría colaborará con Veiro, a empresa encargada da evisceración do produto, paso imprescindible para a súa comercialización.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí