O BNG presenta ó seu candidato á alcaldía de Barro

    candidatobngbarro100_080307_001.jpgPONTEVEDRA > O BNG presentou hoxe ó seu candidato a alcaldía de Barro. Xosé Manuel Abraldes é a persoa…

    … que sucederá a Gonzalo Reboredo á fronte do partido. O novo candidato asegurou que o seu programa electoral é un proxecto ben estructurado e responsable. Ademais deixou clara a postura do seu partido no que atinxe á posibilidade de instalar Elnosa no polígono industrial de Barro. Xosé Manuel Fernández Abraldes é o novo candidato á alcaldía do BNG en Barro. O cabeza da lista, falou das necesidades de Barro e sinalou o estancamento e a falta de servizos que vive Barro. O candidato nacionalista falou tamén das listas que presentará a estes comicios. O candidato do BNG cerrou filas co Consello Comarcal do seu partido respecto a Elnosa. Asegurou que o BNG apoia o complexo industrial de Barro-Meis pero asegura que está en contra das ambigüidades administrativas que deixan a porta aberta ao traslado desta fábrica a este polígono. Xosé Manuel Fernández Abraldes ten 46 anos e milita cos nacionalistas desde fai trinta. O novo candidato participou en numerosos movementos sociais pero destaca a súa labor como portavoz da plataforma ‘Nunca Máis’.

    Redacción Salnés