O PP boirés reclama unha copia da revisión do PXOM

    ppboiropxom_100_040909.jpgBOIRO> Os populares boireses creen que o goberno local está actuando con nula transparencia, a pesar de que o edil de Urbanismo anunciara que informaría a cidadanía sobre calquera avance neste asunto.

    {flowplayer}barbanza/ppboiropxom.flv{/flowplayer}

    A agrupación local do partido popular de Boiro ten constancia que o pasado 24 de agosto a empresa Consultora Galega presentou no rexistro do concello o documento de revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Malia que os edis populares solicitaron un copia dous días despois, ainda non recibiron resposta súa solicitude.

    Críticas a Xoán León

    Critican a actitude do concelleiro de Urbanismo que anunciara que se informaría a cidadanía de todos os pasos que se deran no proceso de revisión do PXOM, afirmación que dín dende as ringleiras populares non se está a cumplir.

    Os populares boires consideran que esta revisión do Plan Xeral é unha insensatez, que non ofrece ningunha seguridade xurídica aos cidadáns. Asemade, pregúntanse se o goberno local está ao tanto de que a Xunta ten a intención de modificar a Lei do Solo e a do Litoral, o que podería deixar en papel mollado esta revisión.

    Por tal motivo solicitan que este avance da revisión, antes de ser remitido a Consellería de Medio Ambiente, se dea a coñecer aos integrantes da corporación municipal e os colectivos sociais e empresariais de Boiro.

    Redacción Barbanza