RIANXO> Os catorce alumnos participantes recibiron o seu respectivo diploma que os acredita de ter participado nesta actividade formativa na especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou esta maña en Rianxo, xunto co alcalde, Adolfo Muíños, no acto de clausura do taller de emprego de garantía xuvenil Carnero Valenzuela, no que viñeron participando uns catorce alumnos-traballadores. Todos eles recibiron formación teórica e práctica na especialidade de repoboacións forestais e traballos silvícolas. Segundo explicou o propio Ovidio Rodeiro a iniciativa enmárcase no compromiso da Xunta por mellorar as capacidades formativas dos mozos e facilitarlles tamén a súa incorporación ó mercado laboral
Pola súa banda o alcalde agradeceu a aportación da Xunta que permitiu mellorar, por unha banda a capacitación profesional dos mozos rianxeiros, pero por outra, a realización de obras e a prestación de servizos de interese para o municipio como foi a recuperación para uso público dun espazo degradado na zona do Turreiro, a carón do río Té.
Rematado xa este taller de emprego, dende o Concello confían en que poida ter continuidade en vindeiras anualidades.
Comments are closed.