Atopan a carteira da pontevedresa desaparida preto de O Vao

    SONIA_IGLESIAS copy.jpg PONTEVEDRA> A Policía Nacional da un paso máis na desaparición de Sonia Iglesias. Polo momento, seguen abertas tódalas liñas de investigación.

    {flowplayer}images/salnes/MOZA_DESAPARECIDA_PONTEVEDRA.flv{/flowplayer}

    A Policía Nacional da un paso máis na investigación da desaparición da pontevedresa Sonia Iglesias co achado da súa carteira.

    Mentres no barrio de Campo da Torre no que vivía a muller a consternación é absoluta. Sonia Iglesias levaba dous anos vivindo neste barrio. Despois de falar cos seus veciños tralas cámaras, estes confesaron que se trata dunha muller alegre e traballadora e non se explican como puido ocorrer.

    A impotencia e a desolación son os sentimentos que reinan entre os que a coñecen. Estes confesaron que tanto os familiares coma os seus amigos están convencidos de que non pode ser posible que se fora pola súa propia vontade sen deixar noticias.

    Pero non só no barrio a consternación é absoluta, os comercios da cidade tamén se uniron á busca de Sonia. Nos seus escaparates pódense ver carteis coa fotografía da muller.

    Ó mesmo tempo, continúa a investigación. Esta mañá os axentes da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta da Policía Nacional confirmaron o achado da carteira da desaparecida con toda a súa documentación nas inmediacións do poboado chabolista de O Vao.

    Sonia Iglesias leva desaparecida catro días e foi vista por última vez o pasado mércores ás once menos dez da mañá por unha coñecida na rúa Oliva.

    Polo momento, o dispositivo policial mantén activas tódalas liñas de investigación, incluída a busca da muller no río Lérez.

     

    Redacción Salnés