O centro de saúde de Outes, baixo mínimos trala baixa de tres médicos

OUTES> O goberno de Outes denuncia a precaria situación da atención primaria no municipio. Nos últimos días, o centro de saúde conta só con dous dos cinco médicos en activo o que está a supoñer unha importante demora na atención ós usuarios.

Con dous médicos de baixa e un de vacacións, o centro de saúde de Outes quedou baixo mínimos. Con esta situación a lista de agarda para atención primaria é de varios días malia que os facultativos que permanecen en activo están a dobrar a súa xornada de traballo prestando servizo tamén na quenda da tarde.

Tras constatar esta situación cos propios traballadores, o alcalde de Outes insta á Xunta a substituír as ausencias para garantir a calidade asistencial ós usuarios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí