O programa PaiFilloNai remata cunha xornada de portas abertas

    PAI_FILLO_NAI copy.jpg PORTONOVO> As familias dos máis cativos tiveron a oportunidade de comer cos seus fillos e facer diferentes xogos durante toda a tarde.

    {flowplayer}images/salnes/PAI_FILLO_NAI.flv{/flowplayer}

    A poucos días do final do verán os nenos e nenas que participaron no programa Pai Fillo Nai no colexio de Portonovo, en Sanxenxo, celebraron unha festa de despedida xunto ós seus pais.

    Coñecer a ludoteca, as actividades que realizaron os nenos ó longo destes dous meses e ter a posibilidade de comer con eles foron os obxectivo polos que se organizou esta xornada de portas abertas.

    Sen dúbida, unha boa oportunidade para pasar un día divertido xunto ós seus fillos. Os propios pais afirmaron que están contentos de que os nenos poidan participar neste programa de actividades. Hoxe aínda máis por poder pasar os día con eles.

    Pero, sen dúbida, os que máis gozaron do día de portas abertas foron os cativos por poder contar coa compañía dos seus pais.

    As actividades chegarán ó seu fin o martes da próxima semana. A monitora recoñece que o balance destes dous meses foi moi positivo.

    Redacción Salnés