Cambados presenta o seu plan de mobilidade urbana sostíbel onde os peóns serán os protagonistas

CAMBADOS> Cambados presenta o se novo plan de mobilidade urbana. O proxecto modificará as estradas cambadesas para crear unha vila máis sostible e con prioridade para os cidadáns. O Pmus require de preto de 300 actuacións, algunhas acometeranse nos vindeiros meses pero outras, debido ao seu alto custo, realizaranse a longo prazo.

Despois de máis dun ano de estudos, Cambados xa dispón do seu plan de mobilidade urbana sostible. O concello, presentou hoxe o seu novo Pmus. Unha ferramenta que permitirá mudar as rúas de Cambados para facer unha vila máis sostible e con preferencia para os peóns.

O plan marca as estratexias e as accións que o concello desenvolverán para facer unha vila na que os peóns sexan os principais protagonistas. Pero estas medidas non farán que os vehículos desaparezan de Cambados.

O proxecto require de 300 actuacións. Algunhas desenvolveranse a curto prazo pero para outras serán necesarios anos debido ao seu importante custo.

O obxectivo deste proxecto é mellorar a vida dos residentes en Cambados, pero non só do núcleo urbano, se non de todas as parroquias. Con este plan, a vila reducirá ademais as emisión de carbono cumprindo coa axenda 2030 e incluso 2050.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí