VILAGARCIA> Do 9 ao 11 de agosto 33 postos formarán parte da décimo cuarta edición da Feira de Oportunidades de Vilagarcía. Organizada pola Asociación Zona Aberta, en total serán 20 comercios os que oferten seus produtos con grandes descontos.
A Feira de Oportunidades volverá a Vilagarcía do 9 ao 11 de agosto organizada pola Asociación Zona Aberta. A agrupación de comerciantes situará o seu mercado na praza da II República para ofrecer os seus produtos con grandes descontos. A apertura será o venres as 11 e estará aberta en horario de mañá de 11 a 14:30 horas e de tarde das 19 ás 23:30 horas.
A feira estará composta este ano por 20 comercios que ocuparán 33 stands.
Non todos los comercios da Asociación estará presentes pero aínda así haberá unha gran variedade de produtos.
Tanto o concello como os comerciantes agardan unha boa acollida dunha feira que sempre acada unha gran resposta por parte dos clientes.
Con descontos que superan o 50%, dende a Asociación agardan que a Feira sexa unha alternativa ante a previsión de mal tempo que se prevé para a vindeira fin de semana.