NOIA> Máis de catro mil persoas déronse cita en Noia para non perderse o único concerto de Miguel Bosé en Galicia no marco da súa xira Cardio.
{flowplayer}barbanza/concertomiguelbose.flv{/flowplayer}
Durante máis de dous horas, Miguel Bosé entregouse por completo ó público noiés. Cunha imaxe renovada e unha posta en escea impactante, a base de luces, proxeccións audiovisuais e estruturas móbiles, ofreceu un espectáculo digno do que é, un dos mellores artistas do panorama nacional dende hai décadas.
Axudaron tamén os músicos que o acompañaban no escenario seguindo as súas coreografías e cun son directo inmellorable e, por suposto, a inconfundible e seductora voz de Miguel Bosé que, dende o principio, conquistou ó público.
Amplo repertorio
Abriu o repertorio con temas do seu novo disco, Cardio, intercalando outros recuperados dos seus anteriores traballos. Non podían faltar clásicos como Sevilla, Amante Bandido, Como un Lobo ou Nena.
Ademais do seu bo facer na música, Bosé gañouse ó público dirixíndose a el en incontables ocasións. Amosouse cercano e volcouse con tódalas ganas nunha actuación que a todos deixou bo sabor de boca.
Á saída, xa había quen pensaba en repetir. Terá que ser fóra de Galicia posto que Noia foi a única parada de CardioTour na nosa comunidade.
Redacción Barbanza