Ribeira e Porto do Son pechan unha nova edición do obradoiro conxunto Tahume

    RIBEIRA> Os alumnos do obradoiro de emprego Tahume Dous recolleron o diploma acreditativo da súa formación en carpintería. A intención dos concellos de Ribeira e Porto do Son é continuar con esta iniciativa de colaboración polo que xa solicitaron un novo obradoiro conxunto. Tras seis meses de aprendizaxe, os alumnos do obradoiro de emprego Tahume Dous colgaron as súas ferramentas de carpintería coa satisfacción do traballo ben feito. Agora, coa certificación profesional na man afrontan unha nova etapa co obxectivo de facerse un oco no mercado laboral. Ideas non lle faltan polo que xa barallan a creación dunha cooperativa integrada polos alumnos. A boa colaboración entre os concellos de Ribeira e Porto do Son, que levan dúas edicións conxuntas do obradoiro, fixo que se plantexaran darlle continuidade polo que xa solicitaron un novo obradoiro. O delegado territorial da Xunta que presidiu o acto de clausura ratificou o compromiso do departamento autonómico de seguir apostando por estas iniciativas de formación con novos investimento. Nesta última edición a achega da Xunta ascendeu a cento noventa mil euros.