A ABE fai un balance satisfactorio das súas campañas de Nadal

BOIRO> E non todo son malas novas. A Asociación Boirense de Empresarios vén de realizar un balance máis que satisfactorio das últimas campañas realizadas dende a patronal. Unha  circunstancia que deixa un mensaxe para a esperanza. Dende a entidade destacaron o éxito da campaña de Nadal, os bonos ABE e o incremento do número de asociados.

A Asociación Boirense de Empresarios pechou este ano 2020 cunha certa esperanza grazas en parte ó éxito das últimas campañas realizadas pola entidade, principalmente a campaña de Nadal e os bonos regalo. No primeiro dos casos repartíronse uns 80 mil rascas que dan unha proxección de volume de negocio de mais de 1 millón de euros, unha campaña á altura dos mellores anos.

Tamén deron un gran resultado os bonos regalo, vendéndose bonos por valor dos 23 mil euros.

Outra das boa novas veu co incremento de novas altas, este ano foron un total de 30 os empresarios que decidiron sumarse á ABE. Son todos eles motivos máis que suficientes para que dende a patronal boirense se mostren esperanzados, dándolle se cabe maior relance á súa idea de que a unión do sector empresarial da localidade pode acadar bos resultados aínda nas condicións mais adversas.