A Pobra inviste cento oitenta mil euros na ampliación e illamento da casa consitorial

POBRA> A casa consistorial da Pobra será obxecto dun proxecto de mellora e ampliación. Procederase ó illamento térmico do edificio e incrementarase o espazo da zona nova do inmoble para acoller tres novos despachos.

Ambiciosa actuación a que vai acometer o executivo pobrense no concello para mellorar as condicións laborais dos traballadores. Unha das actuacións principais será a mellora da envolvente térmica do edificio coa substitución de boa parte das fiestras, o illamento das paredes a instalación dunha segunda porta no acceso principal.

Ademais da mellora da eficiencia enerxética acometerese a ampliación do edificio para albergar tres novas oficinas e despexar o acceso ás persoas con mobilidade reducida.

O proxecto acometerase con cargo ó remanente de tesourería cunha partida de cento oitenta mil euros.