O Goberno Central inviste 1’5 millóns na recuperación da illa de Sálvora

    visitaministrasalvora.jpgRIBEIRA> A Ministra de Medio Mariño, Elena Espinosa visitou a illa para inaugurar estas actuacións que recuperaron a fábrica de salgadura e a flora autóctona.

    A Illa de Sálvora, integrada no Parque Nacional das Illas Atlánticas, foi adquirida por Caixa Galicia para uso público en 2007. O Ministerio de Medio Ambiente, a través da Secretaría Xeral de Mar, neste tempo levou a cabo varias obras de recuperación, mantemento e conservación deste arquipélago que supuxeron un investimento total de preto dun millón e medio de euros.

    {flowplayer}barbanza/visitaministrasalvora.flv{/flowplayer}

    Recuperación integral

    A actuación contemplou a restauración exterior da antiga fábrica de salgadura, reconvertida en Pazo. Tamén se rehabilitou o interior do edificio, renovando o mobiliario e instalando paneis solares en base ó aforro de enerxia. No contorno da illa, habilitouse un pantalán novo, construíronse sendas naturais e pasarelas de madeira, instaláronse paneis interpretativos, tanto medioambientais e históricos e eliminouse do terreo a flora alóctona e os residuos sólidos. A titular deste departamento ministerial, Elena Espinosa, acompañada de numerosas autoridades do goberno central, autonómico e local, visitou a illa para inaugurar estas actuacións. 

    120 millóns de euros

    Espinosa subliñou que dende o ano 2008, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño destinou cento vinte e dous millóns de euros en actuación para preservar paraxes naturais do litoral galego, dos cales, cincuenta investíronse na costa da provincia de A Coruña. A Ministra explicou que tras a cesión de competencias, deberá ser a Xunta de Galicia a encargada de realizar agora outras actuacións de recuperación na illa, como ás da aldea onde habitaron os antigos colonos.

    Redacción Barbanza