![]()
VILANOVA> Ademais, o alcalde de Vilanova anunciou que os problemas de acceso que tiñan os veciños de Fonsín están resoltos.
{flowplayer}images/salnes/RP_GONZALO_DURAN.flv{/flowplayer}
O próximo cinco de outubro sairá a subhasta o pazo de Vista Real en Vilanova, antiga propiedade dos Charlíns. O prezo ascende ós dous millóns de euros. O Alcalde de Vilanova manifestou en repetida ocasións o interese do concello por adquirilo pero o importe é excesivamente elevado. Se alguén o compra en primeira licitación terá que cumprir coa legalidade.
Asegura que a recuperación do Pazo supón un importe superior ó prezo da puxa. Durán confesa que non lle importa quen adquira o pazo sempre e cando cumpra coa legalidade.Farán inspeccións cada semana.
Esta mañá o alcalde tamén falou dos veciños de Fonsín. Os problemas de acceso que tiñan para chegar ás súas vivendas están resoltos. Durán informou que o problema xurdiu trala construcción dos accesos ó Polígono Industrial e ó vial do Porto.
Tamén se fixeron obras no lavadoiro e no alumeado público. Agora agardarán a que estean rematadas as obras da autovía para solicitar un acceso directo desde a rotonda de Godos ata Fonsín.
Redacción Salnés







