‘As posibilidades do PSOE nas vindeiras eleccións son cero’

    deputacion copia100.jpgPONTEVEDRA> Rafael Louzán aproveitou o balance anual da Deputación para amosarse positivo ante os vindeiros comicios.

    {flowplayer}images/salnes/BALANCE_LOUZAN_XORNALISTAS.flv{/flowplayer}

    Desnortados e desorientados. Así describiu o presidente da Deputación pontevedresa a actitude dos representantes do Partido Socialista na provincia e nos municipios. Rafael Louzán asegurou que os socialistas non son unha alternativa forte ante o Partido Popular, polo que confía no éxito da súa formación nos vindeiros comicios.

    O presidente dos populares provinciais aproveitou a ocasión para criticar os gobernos de coalición formados nas pasadas eleccións para arrebatarlle varias alcaldías ó Partido Popular.

    Vigo, Pontevedra e Vilagarcía son os tres grandes obxectivos para os populares. Unhas cidades nas que, segundo Louzán, teñen moitas posibilidades.

    Por outra banda, o presidente da Deputación tamén valorou o traballo da institución que dirixe durante o 2010. Un ano que calificou como o de maior colaboración cos concellos e coa Xunta.

    Redacción Salnés