Uns 200 ciclistas desfilarán entre as adegas e viñedos de Meis na BTT Ruta do Viño Rías Baixas

PONTEVEDRA> Uns 200 ciclistas participarán na cuarta edición da Ruta do Viño Rías Baixas, que este ano ten a Meis como escenario protagonista. A proba busca fomenta-lo enoturismo na zona. De feito, vai discorrer entre adegas e viñedos. Todo iso con espectaculares vistas ás rías de Arousa e Pontevedra.

A cuarta edición da marcha BTT da Ruta do Viño Rías Baixas fai parada no Salnés. A proba vai ter lugar o vindeiro 20 de outubro e serve de escaparate para a promoción dos viños da subzona da DO Rías Baixas.

Calcúlase que van participar na actividade unhas 200 persoas, atraídas pola parte deportiva e, de seguro, cativadas polos viños e as paisaxes meisinas. A ruta terá un percorrido de 40 quilómetros.

A ruta discurrirá entre adegas e viñedos. Tamén atravesará algúns dos enclaves paisaxísticos e patrimoniais máis destacados da localidade, como o Mosteiro da Armenteira ou a Ruta da Pedra e da Auga.

Ademais, nesa mesma xornada do 20 de outubro, a localidade acolle o evento enoturístio Meus Viños.

O praza de inscrición para a ruta estará aberto ata o 17 de outubro, a través da web bttrutavinoriasbaixas.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí