A Liga Nacional de Clubes de Tríatlon decídese esta fin de semana en Pontevedra

PONTEVEDRA> 1.700 deportistas daranse cita esta fin de semana en Pontevedra nos campionatos de España de Tríatlon por Clubes e por Relevos Mixtos.

O evento supón tamén o punto e final á Liga Nacional de Clubes de Tríatlon, polo que será en Pontevedra onde se decida a competición deste ano e onde se van xogar os ascensos e descensos.

As probas desenvolveranse na contorna da ponte dos Tirantes. O sábado arrancarán ás 11 da mañá e o domingo ás 9.30 horas.