![]()
PONTEVEDRA> As labores de busca comezaron na cascada de Monte Porreiro seguindo o cauce do río. Despois de tres horas, os traballos remataron sen éxito.
{flowplayer}images/salnes/BUZOS_SONIA_IGLESIAS.flv{/flowplayer}
A petición da Policía Nacional, dous submarinistas pertencentes ó grupo de Bombeiros do Deza, rastrearon esta tarde o fondo do Lérez para tratar de atopar algún indicio sobre a desaparición de Sonia Iglesias.
Aproveitando a baixa mar, estes operarios, acompañados por tres voluntarios de Protección Civil desprazáronse en embarcacións cara a parte alta navegable do río. Ó redor das cinco da tarde, nas proximidades da cascada da estación de bombeo de Monte Porreiro, os voluntarios comezaron as labores de busca.
Os traballos de busca remataron sen éxito despois de tres horas e tres kilómetros de río inspeccionado.
Pola súa parte, o Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, quixo destacar a labor que están a facer os profesionais na investigación de Sonia Iglesias. Recalcou que son os mellores.
Ademais, son numerosas as manifestacións institucionais de apoio á familia de Sonia. Esta mañá o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, tivo unhas palabras de apoio para os coñecidos da desaparecida.
Ó mesmo tempo, os funcionarios da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta seguen cos seus interrogatorios. Ademais, as tres prendas que a Policía Nacional interceptara, das máis de cento trinta que foran localizadas polos voluntarios que participaron o pasado domingo na batida, foron descartadas da investigación.
Redacción Salnés








