A familia de Sonia non perde a esperanza de atopala con vida

    MANIFESTACION_SONIA_IGLESIAS copy.jpg PONTEVEDRA> A portavoz da familia de Sonia Iglesias compareceu esta mañá ante os medios de comunicación no Colexio de Avogados de Pontevedra.

    {flowplayer}images/salnes/FAMILIA_SONIA_IGLESIAS.flv{/flowplayer}
    A portavoz da familia comparecía ante os medios de comunicación para transmitir unhas palabras de agradecemento a tódalas persoas que están colaborando na investigación e confesar que aínda non perderon a esperanza.
    A pesares da falta de indicios sobre a desaparición da pontevedresa, a familia segue confiando na labor que están a levar a cabo os encargados da investigación. A familia está desolada pero non perden a esperanza de atopala con vida. Polo momento, tódalas hipóteses están abertas.
    Onte cumpríanse quince días da desaparición de Sonia Iglesias. Unhas tres mil persoas participaron nunha manifestación en apoio á pontevedresa. O acto solidario estivo encabezado polos seus pais, familiares e amigos. Desde a nove da noite percorreron varias rúas da cidade. Ó final do percorrido, unha compañeiro de traballo leu un emotivo comunicado no que asegura que non cesarán de buscala.
    Polo momento, as labores de busca por parte de Protección Civil están suspendidas ata nova orde por parte da Policía Nacional, encargada do caso. Para o vindeiro domingo está convocada unha nova batida por parte da Asociación de veciños de Xeve para rastrear o monte do Castro.
    Redacción Salnés