O concello de Ribeira traballa nun plan para humanizar Palmeira

RIBEIRA> O concello de Ribeira estuda humanizar varias espazos na parroquia de Palmeira para conectar a zona norte co porto. Trátase dun proxecto que está a desenvolver a Fundación Ría, presidida polo arquitecto David Chipperfield. O proxecto que se atopa xa na súa fase final pretende favorecer a humanización de Palmeira, especialmente na contorna da estrada AC-305 que divide o núcleo de poboación. Con este fin, plantéxanse actuacións de en varios puntos como os accesos ós núcleos de poboación e á zona portuaria. En función dos resultados deste proxecto piloto, o concello non descarta acometer actuacións similares noutros núcleos como Castiñeiras.