Faltan catro días para que ‘Pon un Sancosmeiro’ chegue a Noia

NOIA> Por cuarto ano consecutivo chega a Noia unha nova edición da festa ‘Pon un Sancosmeiro’. Ca idea de promover a música, a vestimenta, e en definitiva, a cultura local, naceu esta iniciativa no ano dous mil quince a través da ‘Asociación Pon un Sancosmeiro’. Nesta cuarta edición, poderanse desfrutar de doce horas de actividades que comezarán as once da mañá e rematarán as once da noite. Pasarrúas polo casco histórico da vila, obradoiros tradicionais ou unha concentración musical, entre as actividades máis importantes. Dende o concello de Noia tamén quixeron explicar o por qué de realizar tódalas actividades dentro do casco histórico da vila. Ademais das actividades relacionadas co sancosmeiro, ás nove da noite celebrarase o terceiro concurso de escaparates de Noia, que organiza a asociación Noia Histórica. E como punto final, concertos de música en directo ata que o corpo aguante.