Veciños de Cerquides denuncian os cheiros da rede de saneamento

saneamento_lousame.jpgLOUSAME> Ó parecer os fedores veñen provocados por unha mala instalación das tubaxes.

{flowplayer}barbanza/saneamento_lousame.flv{/flowplayer}

Arredor de 20 veciños do lugar de Cerquídes levan catro anos loitando por un saneamento público axeitado capaz de resolver os problemas de recollida de residuos. Unhas obras comezadas que non contaron coa orografía do lugar e que agora non acadan a presión necesaria para realizar o servizo dun xeito correcto e hixiénico. A tubaxe principal que conecta as saídas de tódolos sumidoiros particulares discorre a uns catro metros do chan, unha profundidade que, segundo os veciños, non é o suficientemente forte como para contar coa presión necesaria e arrastrar os fluídos pola rede. Así, os futuros usuarios non conectan os seus sumidoiros particulares á rede xeral polo medo aos refluxos.

Denuncia oposición

Unha situación denunciada tamén polo voceiro do grupo municipal socialista, Julio Paradela, que ademais aproveitou a ocasión para presentar o estado dos depósitos de auga do lugar que, datados nos principios dos anos 60, teñen numerosas fendas que actualmente os fan deficitarios.

Urxente solución

Unha situación que piden que se solucione o máis axiña posible xa que do contrario terán que recorrer as fosas sépticas privadas, no caso dos residuos, e os camións cisterna e aos pozos particulares, no caso da auga.

Redacción Barbanza