Un vixilante da confraría, vítima da agresión dun mariscador furtivo

    vixilante_vilanova_copia100.jpgVILANOVA> O suposto agresor, coñecido na zona por episodios similares, atopábase nun banco marisqueiro da zona do Terrón.

    {flowplayer}images/salnes/AGRESION_VIXILANTE_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    A presunta agresión produciuse ó redor das catro da tarde, cando o vixiante realizaba a rolda diaria ata Corón. Nun primeiro momento, o problema quedou en ameazas e insultos. Foi nun segundo encontro cando, ó parecer, o furtivo armado cunha pedra acorralou o coche da confraría ata que o vixilante, vilanovés de 35 anos, baixou e fíxolle fronte.

    O vixilante tivo que ser transladado ó hospital do Salnés, onde permaneceu toda a tarde para ser tratado das súas feridas. Sen embargo, non foi necesario que quedara ingresado, e xa se atopa no seu domicilio despois de presentar unha denuncia pola agresión na Garda Civil.

    Segundo a patrona maior da confraría, o presunto agresor é un veciño de Vilanova duns 30 anos, coñecido na zona polas súas prácticas de marisqueo ilegal.

    Evangelina Lago asegurou que este tipo de incidentes entre mariscadores da confraría e furtivos, son frecuentes na zona. E denunciou a escasa protección que teñen fronte estas prácticas.

    Redacción Salnés