Rouban unha ducia de rastros no porto de Testal

rouborastrostestal100.jpgNOIA> A confraría de Noia contratará dous vixilantes para incrementar a seguridade nos portos de Testal e o Freixo ante os últimos roubos.

{flowplayer}barbanza/rouborastrostestal.flv{/flowplayer}

Os feitos aconteceron na madrugada do domingo cando aparentemente tres individuos, coa cabeza tapada, irromperon no porto de Testal subtraendo varios rastros das embarcacións. Así o recollen as gravacións rexistradas polas cámaras de seguridade que arestora están a ser analizadas pola Garda Civil.

En anteriores ocasións, os socios da confraría xa teñen denunciado o roubo de combustible e outros aparellos das embarcacións. Por esta razón, dende a directiva do pósito acordaron a contratación de máis persoal de seguridade para reforzar a vixilancia tanto en Testal como no Freixo.

Pretenden deste modo evitar os custos derivados non só da sustración do material senón da perda dunha xornada de traballo pola ausencia dos aparellos para faenar.

Redacción Barbanza