Un incendio causa cuantiosos danos materiais nunha vivenda en Noia

incendio.jpgNOIA> Unha vivenda resultou afectada por un incendio no lugar de A Rasa de Abaixo, na parroquia noiesa de Santa Cristina de Barro.

{flowplayer}barbanza/incendionoia.flv{/flowplayer}

O lume orixinábase, por causas polo de agora descoñecidas, ó redor das doce da mañá, no propio salón do inmoble. Nese momento atopábanse no seu interior dúas persoas, o seu propietario e un amigo, que puideron saír polo seu propio pé, antes da chegada dos efectivos de emerxencia.

 Os primeiros en dar a voz de alarma foron os veciños da zona que alertaron do sucedido ó 112.

Ata o lugar do sinistro achegáronse membros do propio GRUMIR e da Garda Civil de Noia, así como tamén efectivos dos parques de bombeiros do Barbanza e Ribeira, que procederon ó apagado das lapas e á posterior ventilación da vivenda.

Redacción Barbanza