NOIA> A boa acollida deste tipo de actividades en anos anteriores e a alta demanda foron algunha das razóns que levaron á concellería de Turismo a amplialas.
Ás xa habituais visitas guiadas e rutas de sendeirismo, sumaránselle este ano as visitas teatralizadas e as visitas patrimoniais, a cargo do artista Serafín Marcos e a asociación Noia San Cosmeira, respectivamente.
Dende o Concello destacaron tamén que nos últimos anos se está a notar unha maior desestacionalización do turismo, e cada vez son máis os visitantes que se achegan á localidade noutras épocas do ano, non só na época estival, de aí a necesidade de ampliar a oferta turística.
As prazas serán limitadas a un máximo de trinta persoas para cada unha das actividades.
As inscricións xa están abertas na oficina de Turismo, situada nos baixo do edificio do Casino.










