200 persoas participan sen éxito nunha nova batida en Verducido

    BATIDA_VERDUCIDO copy.jpg PONTEVEDRA> Os GEOS somerxéronse no embalse do Pantillón de Castro. Ata o momento, non hai novas sobre a desaparición de Sonia Iglesias.

    {flowplayer}images/salnes/NOVIDADES_SONIA_IGLESIAS.flv{/flowplayer}
     
    Ó redor das nove da mañá do domingo iniciábase unha segunda batida polos montes de Verducido e o embalse de O Pontillón de Castro na procura de indicios sobre a desaparición de Sonia Iglesias. O día comezaba cunha espesa néboa que dificultaba a visibilidade. Isto non impediu que uns douscentos veciños e operarios de Protección Civil, Policía Nacional, Autonómica e Local percorreran a zona. Divididos en catro grupos dunhas cincuenta persoas percorreron O Bordel, O Castro, A Cubela e O Loural cara o monte Acibal, cubrindo unha área de cincocentas hectáreas. Tras catro horas de expedición, non atoparon ningún obxecto que puidera estar relacionado co caso da pontevedresa.
     
    Mentres, sete buzos da unidade subacuática do Grupo Especial de Operacións (GEO) da Policía Nacional somerxéronse tamén sen éxito no embalse de O Pontillón de Castro. Este grupo especial uníase á investigación a pasada semana co obxectivo de colaborar nas labores de busca. Os traballos centráronse na parte máis profunda do pantano.
     
    A partires de agora, as labores de busca continúan. Os voluntarios de Protección Civil volverán mañá a buscar pola zona da Xunqueira máis próxima a O Vao.
     
    Para o vindeiro mércores está convocada unha nova manifestación. Os veciños de Monte Porreiro, onde residen os pais de Sonia, concentraranse ás sete e media da tarde na casa da cultura da localidade.
     
     
    Redacción Salnés