A cultura encherá o auditorio de Rianxo este outono

    RIANXO> A programación do outono cultural arranca mañá en Rianxo con moitas novidades. Concertos, exposicións, cursos e, sobre todo, moito teatro compoñen a ampla oferta da que poderán disfrutar os rianxeiros durante estes meses. A segunda edición da Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego levará ata Rianxo seis propostas teatrais para adultos e tres sesións infantís de animación á lectura e á interpretación. O ciclo está organizado pola asociación teatral Criaturas que pechará a mostra o día oito con Xogo de Xoias. Outra proposta teatral será a preestrea de ‘Elisa e Marcela’ a cargo da Panadaría teatro que concluirá a súa residencia no auditorio de Rianxo coa posta en escena desta obra, que narra o primeiro matrimonio entre mulleres de toda Europa. Tralo pasod este grupo por Rianxo, será a escola de música Coda de Vilagarcía quen de sedprace ó muniicpio para a preestrea de Shrek en galego. A música estará tamén moi presente neste outono cultural con concertos como o de Ses, o 14 de outubro ou as propostas encadradas no ciclo de novos intérpretes.