Maceiras pecha a discoteca Gran Vía polos altercados nocturnos

pechediscoteca.jpgA POBRA> A decisión veu motivada polos continuos altercados que se producían no exterior do establecementos durante as noites da fin de semana.

 
O alcalde do concello de A Pobra, Isaac Maceiras decidiu non outorgar a licenza definitiva de apertura a discoteca “Gran Vía”, emprazada no rueiro do Xogo da Bola, logo de que durante a pasada fin de semana uns descoñecidos prendesen lume a unha vivenda. Malia que xa transcorreron dous días, os residentes deste barrio aínda teñen o medo no corpo, porque o que foi un susto puido converterse nunha desgracia.
 
{flowplayer}barbanza/pechediscoteca.flv{/flowplayer}
 
Actos de vandalismo
 
Os veciños aseguran que dende que a discoteca abriu as súas portas, a primeiros do mes de agosto, as leas nocturnas entre mozos non deixaron de sucederse neste barrio. Ademáis os veciños soportaban continuos actos de vandalismo que lles impidían pegar ollo durante a noite e alteraban a tranquilidade do lugar.
 
A conflitividade e inseguridade que se vivía na zona durante as noites de movida obrigou ó alcalde pobrés a tomar a decisión de pechar a discoteca, xa que , segundo dixo o rexedor, a concesión da licencia definitiva estaba supeditada a que non se produciran altercados nocturnos.
 
Ceder á chantaxe
 
Pola súa banda, o dono do establecemento explicou a súa intención nunca foi molestar a veciñanza pero mostrou o seu desgusto pola decisión tomada xa que cree que pechando o seu negocio se está cedendo á chantaxe dos vándalos.
 
Con todo, o alcalde fixo un chamamento ós donos de establecementos hostaleiros do municipio para que denuncien o vandalismo nocturno, xa que é a única forma de rematar con esta clase de situacións. Asegurou que nos vindeiros días se reforzará a vixilancia nocturna durante a fin de semana con patrullas da Garda Civil e a policia Local.
 
Redacción Barbanza