![]()
SALNÉS> A piques de iniciar a vendima, os técnicos aseguran que as precipitacións destes días hidratarán as uvas e regularán os niveis de azucre e acidez.
{flowplayer}images/salnes/VENDIMA_CHUVIAS.flv{/flowplayer}
A predición meteorolóxica indica que a partir do xoves cesarán as precipitacións e iranse abrindo grandes claros. Ata entón, as chuvias intensas como as de hoxe están culminando unha campaña vitícola cualificada como moi boa polos expertos. Durante a brotación desenvolvéronse tódalas xemas, a floración completouse con éxito e á marxe dun foco de mildiu que causou importantes estragos nalgunhas parcelas, non se rexistraron maiores incidencias. Agora, esta auga permitirá que as plantas se hidraten logo da intensa calor e seca do verán, equilibrando tamén os niveis de azucre e acidez ata acadar o grao óptimo.
Segundo o técnico de campo Suso Paz, a colleita deste ano en Rías Baixas será superior en cantidade e calidade á do ano pasado. En principio manteranse os plans de comezar a vendima nesta semana, con toda probabilidade cara o venres ou o sábado. O groso da colleita agárdase a partir do vindeiro luns.
Redacción Salnés








