Zona Aberta de Vilagarcía prepárase para o Día do Pai con novas propostas infantís

VILAGARCÍA> Zona Aberta prepara xa a súa campaña do Día do Pai. O colectivo de comerciantes de Vilagarcía quere darlle este ano un xiro á súa proposta, centrándoo no público infantil e adolescente. Din que a adaptación das súas campañas ós novos tempos, como xa fixeron coa de San Valentín, é o único xeito de facerlle fronte ás vendas a través da internet.

Zona Aberta teno claro: ou renovarse ou morrer. Os comerciantes vilagarciáns traballan xa na súa seguinte campaña, a do Día do Pai. Entenden que é o momento de lanzar novas propostas, co obxectivo de conectar mellor coa súa clientela. Para o 19 de marzo están a traballar xa nunha iniciativa que xira entorno a nenos e mozos. Un xeito diferente, avanza a súa presidenta, de atraer novos públicos ó pequeño comercio.

A renovada campaña do Día do Pai chega despois da de San Valentín, na que o colectivo vilagarcián apostou por visibiliza-la diversidade afectiva. Na novidosa proposta incluíuse tamén un concurso de fotografías en colaboración co IES Castro Alobre, unha actividade que serviu tamén para conectar coa xente moza.

Outra campaña, a das rebaixas, non está a funcionar tan ben como de costume. Dende o colectivo de comerciantes vilagarcián entenden que detrás desta situación está a súa actual regulación e as vendas a través da internet.

Dende Zona Aberta piden á Xunta que escoites as súas demandas e que volva ó modelo anterior, onde as tempadas de rebaixas estaban definidas por lei.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí